Hai uns anos, en tempos ebolianos,
topamos con Ventura
que hoxe é un caradura
Fomos á Serra de Outes,
dous viaxes en tres coches,
ghanábamos pa repostar.
A cousa foi ben, moitas ghracias señor,
cincuenta mil pesetas por actuasión
Vamos ben servidos, ata outra ocasión
esperamos que nos trate coa mesma atención.
Se topas con Ventura
el darache de tocar sen problemas pa cobrar,
non che fai falta factura
ten billetes a moreas,
de dous mil e de cincuenta.
Agora fai uns meses, nos tempos presentes
topamos con Ventura,
¡¡que alegría, que ghordura!!
Vestido de branco, no seu gharito tocamos
solo que desta vez... non cobramos!!
Se topas con Ventura, non toques no seu local
porque non che vai paghar.
Unha auditoría, súa nai no hospital,
vente outro día, traenme o cheque mañán...
Se topas con Ventura,
non toques no seu local
porque non che vai paghar.
Non fagas esa locura,
ghastas máis en ghasolina
que o cholega en droghaína.
Se topas con Ventura,
non toques no seu local
porque non che vai paghar.
Se topas con Ventura,
non toques no seu local
porque non che vai paghar,
non che vai paghar,
NON
CHE
VAI
PAGHAAAAAAAAAAAAAAR.
audio
|