TRIFULKA ROCK GALEGO
  alen do mar
 

Xa non quero ter saída,
xa non penso en voltar.
Ves por primeira vez a linea,
e a tes case na man.

Xa non lle teño medo á vida,
irei alén do mar,
camiño sen presa e sen compañia,
non descanso ata chegar.

Pecho os ollos uns instantes,
e intimidame a oscuridade.
Loito coa noite sen piedade,
bailo coa morte, brindo co aire.

Alén do mar, ninguén te atopará
se a queres buscar, a verdade está ...
alén do mar.

Se un berro interno che percorre,
á volta da esquina durme a morte.
Se un frio intenso hoxe che envolve,
na tua alma ainda chove.
Cando o odio odia a alguen por odiar,
non hai saida para poder entrar.
Cando o amor ama a maneira de amar,
a tua sorte vai en contra do azar.

Pecho os ollos,...uns instantes
mentres bailo coa morte, brindo co aire.

Alén do mar, ninguén te atopará.
Se a queres buscar, a verdade está ...
alén do mar.

Anque non fagas conmigo o camiño
pronto o descubrirás,
non podo estar ó teu lado amigo
pero alí me verás.

Alén do mar, ninguén te atopará.
Se a queres buscar, a verdade está ...
alén do mar.

 




 
   
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis