Estou pensando que escribirei a data ó final,
por esa historia de deixar
o importante en segundo plano.
Marchei de novo,
fai un pouco doume o sol na cara
pero non me axuda a lembrar
o que estaba argallando fai....
cinco minutos.
Pero ben,ben,ben,ben,ben,...
polo menos decidín que isto quedase aquí
polo menos decidín....
A data non está,
non, aínda non.
Pero mira,...
quedará unha historia escrita.
Estou pensando que escribirei a data ó final,
por esa historia de deixar
o importante en segundo plano,...
en segundo plano.
dadata en directo
|