TRIFULKA ROCK GALEGO
  hoxe en dia
 

Non busquemos palabras
para poder expricar
tódalas batallas
que nos quedan por gañar.
Se en calquera momento
botas unha ollada atrás
o camiño ben feito
sempre está por rematar.

Ouro non busques nas minas do mal,
tódolos nenos choran sen parar,
os homes podemos
facer algo mellor que matar.

Non podo pensar, non quero escapar
hoxe ninguén estará no teu lugar.
Se pensas fuxir, acordate de min,
a vida non é tal como din.

Tres verdades sen medo
que non debes desbotar.
A viaxe sen volta
que non podes rexeitar.
Cando as vidas se cruzan
sen moedas pra xogar,
tira a pedra que levas
pra que poidas escapar.

Ouro non busques nas minas do mal,
os homes podemos facer algo mellor que matar.

Non podo pensar, non quero escapar
hoxe ninguén estará no teu lugar.
Se pensas fuxir, acordate de min,
a vida non é tal como din.

 
   
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis